jueves, 5 de noviembre de 2015

Nietzsche

Friedrich Wilhelm Nietzsche  (Röcken, 15 de outubro de 1844-Weimar, 25 de agosto de 1900) foi un filósofo, poeta, músico e filólogo alemán, considerado un dos pensadores contemporáneos máis influentes do século XIX.

Realizou unha crítica exhaustiva da cultura, a relixión e a filosofía occidental, mediante a xenealoxía dos conceptos que as integran, baseada na análise das actitudes morais (positivas e negativas) cara á vida.1 Este traballo afectou profundamente a xeracións posteriores de teólogos, antropólogos, filósofos, sociólogos, psicólogos, politólogos, historiadores, poetas, novelistas e dramaturgos.

Meditou sobre as consecuencias do triunfo do secularismo da Ilustración, expresada na súa observación «Deus morreu», dunha maneira que determinou a axenda de moitos dos intelectuais máis soados despois da súa morte.

Aínda que hai quen sostén que a característica definitoria de Nietzsche non é tanto a temática que trataba senón o estilo e a sutileza con que o facía, foi un autor que introduciu, como ningún outro, unha cosmovisión que reorganizou o pensamento do século XX, en autores tales como Martin Heidegger, Michel Foucault, Jacques Derrida, Gilles Deleuze, Gianni Vattimo ou Michel Onfray, entre outros.

Nietzsche recibiu amplo recoñecemento durante a segunda metade do século XX como unha figura significativa na filosofía moderna. A súa influencia foi particularmente notoria nos filósofos existencialistas, críticos, fenomenológicos, postestructuralistas e posmodernos, e na sociología de Max Weber. É considerado un dos tres «mestres da sospeita» (segundo a coñecida expresión de Paul Ricoeur), xunto a Karl Marx e Sigmund Freud.

No hay comentarios:

Publicar un comentario